17 febrero 2013

Arranxar o do negro que reflexa moito

A semana pasada falei dun script en sh que permitía cambiar as cores en terminales compatibles con XTerm (terminales ben feitas claro está, e que permitan cambiar as cores con secuencias de escape) para solucionar o problema do azul escuro con fondo escuro. Serviu de presentación ó fantástico Solarized.

Esta semana o meu problema era outro. Tiven que traballar moito rato ca terminal a toda pantaia, e cada día íame molestando un pouco máis nos ollos. Ao fin rematei por me dar conta: no meu portatil, se meto moito negro comeza a reflexar moita luz (e no traballo recibo luz pola espalda). E faise moi, moi, moi incómodo. Por contra se na pantaia hai moitos cores claros (branco sobre todo) non reflexa nadiña. Por tanto sempre que traballaba en Windows (onde case todo é branco) estaba moi a gusto. Cando estou moito rato na consola que é oscura, reflexa e molestame.

Solución: pois cambiar a terminal de fondo escuro a fondo claro.

E neste cambio é onde se ve que Solarized está moi ben pensado: fondo escuro, fondo claro non hai que cambiar as cores. De feito xa tes escollidos 4 cores para o texto (válidos con fondo claro ou escuro - dependendo de coma lle guste a ún a contraste) e 2 xogos diferentes de fondo:

Solarized-palette
 Por tanto, no script só tiven que cambiar 3 cores: a cor de fondo, a cor de primeiro plano e a do cursor (se lla quere un ter diferente ó texto - cousa que é moi cómoda).

Colle o solarized.sh que definía o fondo escuro e cambiei as liñas:

# Option 2: Light Background echo -ne '\e]10;'$S_base01'\a'   # foreground echo -ne '\e]11;'$S_base2'\a'    # background echo -ne '\e]12;'$S_base02'\a'   # cursor

 E voilá:

Mintty-solarized-light
Nota: Estou usando a fonte en modo negrita (se alguén se pregunta porque as letras están tan cargasas). A fonte escollida é Cousine a 10puntos (en Negrita).

No hay comentarios: