17 febrero 2013

Remedio contra o azul que deixa cego

Unha das cousas que máis fastidian dos emuladores de terminais XTerm ou VT100 e que fai que a un lle pareza xenial que os de Ubuntu teñan hackeada a configuración de colores da súa GnomeTerm é que é ese azul escuro:

Azul-deixa-cego
Imaxinade o mal que fai, que moita xente remata por cambiar o fondo da terminal a cores claros.

Outro remedio é o de cambiar as cores por defecto da terminal (no 99% dos casos para trocar este azul por outra cor)! Pódese no XTerm orixinal, no GnomeTerm, no PuTTY, no Terminal.app, no iTerm.app

Pero cando un salta moito de ordenador non pode andar por ahí paseando, nen reconfigurando a terminal e tal. Eu lembro que algún día lin algo sobre a linguaxe de definición de terminales: non sei se se facía co choio das cores ANSI, se era parte do standard VT100 ou se é algo de XTerm. Pero lembro que cuns códigos chachulleiros podíase trocar as cores directamente cun script de Bash.

Eu nunca fun quen de facer tal traballo, pero... alguén o fixo xa:

solarized.sh

Cando o executas, tachaaaaaannn:

Colorize
Novas colores! Tal vez a algún non lle chisten moito ou prefira outros, pero canda menos, funciona correctamente e de maneira axeitada.

Bueno, pois menuda chufla. Eu pensaba que estes códigos funcionaban para calqueira emulador de terminal, pero polo que estou vendo, só funciona ben no MinTTY que uso en CYGWIN e de aquela maneira en GnomeTerm, non funcionan en PuTTY e tampouco en Terminal.app. Problemas de compatibilidade destes programas co estandard ANSI ou VT100? Non sei.

Bueno, este solarized.sh é unha versión do fantástico proxecto Solarized:

Media_httpethanschoon_jxiaj

(En Solarized si que hai configuracións para Terminal.app, e para o PuTTY así que se o script que puxen non serve para nada, pois tedes a opción oficial)

PD/

Tal coma sospeitaba, se isto non funciona coma debe, é porque se ben o PuTTY e o Terminal.app pretenden que son compatibles con XTerm, non é certo. Nun XTerm de verdade sí que funciona o script e cambia as cores coma debe:

Imagen_1

No hay comentarios: