Comento unha maneira na que é posible descargar os videos Flash de páxinas que teñen incrustado o video. O que digo valeche sobre todo para páxinas web xenéricas que teñen videos metidos: televisións e cousas así. Non tanto para Youtube ou Vimeo, porque para esas xa tes extensións de case todos os navegadores, e eche moito máis sinxelo usalas ahí.
Uso o GoogleChrome. Outros navegadores pódese facer, pero non teñen ferramentas tan cómodas.
Collo o Google Chrome e vou á páxina co video en cuestión, en este caso RTVE:
Nota: de momento non fago, nada, non lle des a reproducir o video.
Pulso F12 e abrese a ventana de ferramentas de desenrolo do Chrome.
Pulso no botón que chamase Redes ou Network (non sei porque sae en inglés, non sei se será cousa de coma instalei o meu Chrome). De momento apenas hai cousas.
Voltas á ventana inicial e daslle ó play. Deixas un rato que vaia cargando o video.
Voltas á ventana de desenrolo do Chrome.
Agora desde que lle deches ó play verás que sí que aparecen un montón de ficheiros.
Ignora case todos, dalle á columna Size/Tamaño e sairache un ficheiro moi gordo (e que vai recendo). É o video.
Fixate, neste caso ten extensión MP4 (esto se está facendo máis habitual e agora case todos os videos novos son dese tipo). Se non o habitual é que sexa un FLV.
Pois bueno, xa está, xa tes o video localizado.
Poste enriba do nome do ficheiro Botón dereito e daslle a opción de Copiar URL do ficheiro.
Por exemplo neste caso a URL é:
Nota, en case todos os sitios que teña visto teñen este código numérico ó final, que usan para identificar a sesión ou unha cookie ou algo así. Normalmente o que é é un número que usan para saber a data na que pediches o ficheiro. Así que a URL esta expira en 10 o 15 minutos. Así que non serve para pasarlla a alguén e que descargue o ficheiro. Telo que descargar rápido.
En canto a descargar..... váleche calqueira programa que descargue ficheiros de Internet.
Se tes xa algún gestor de descargas pois non che digo nada, e pasarlle a URL e punto. Se non tes xestor de descargas recoméndoche este: http://dfast.sourceforge.net
Outra opción é meter a URL directamente no Chrome:
Coma podes comprobar o Chrome ten un visor interno de video. Diras, pois vaia mellora, ti o que queres e grabar o video. Espera, se deixas que o video cargue enteiro (a barra azul chegue ó final) podeslle dar ó botón dereito do ratón e tes unha opción de "Grabar como" e podes grabalo ó directorio que queiras.
(Esta opción ten de bóa que podes comprobar se a URL é válida: se non sae video, e que a URL expriou ou que o meu sistema non funcionou).
Usar o Internet Explorer.
Coma o InternetExplorer non trae un reproductor de video interno, se lle pos a URL en vez de reproducir vaiche ofrecer descargar o ficheiro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario