17 febrero 2013

F.lux : recomendación nerdeira

Fai unha semanas escribín sobre unha utilidade chamada F.Lux: unha ferramenta gratuita que instalabas no teu ordenador e ía cambiando automáticamente a luminusidade da pantalla segundo a hora do día (partindo da idea de que a máis tarde, menos luz) para coidar os teus ollos.

En aquel momento compartín convosco a miña incredulidade: quedei en instalalo na miña máquina e usalo uns cantos meses para probalo.

Xa teñen pasado eses meses e o veredicto é:
Recomendo o uso de F.Lux

Ainda que aparentemente non se note, as veces que (pola tardiña especialmente) teño desactivado  F.Lux para traballar a máxima luminosidade molestoume nos ollos o brillo. Os meus ollos preferían o tono matizado do F.Lux! Así que coido que sí que funciona.

Coma único problema alegar, que coma esquezo que teño activado o F.Lux, algunha pola noite, teño retocado algunha foto pensando que quedara escura!

No hay comentarios: