17 febrero 2013

F.lux: ¿bó para os ollos?

Estes días estou probando unha pequena aplicación chamada F.lux (imaxino que o nome xoga da famosa frase do Antigo Testamento: Fiat Lux). Esta ferramentiña queda cargada na memoria, calcula a nosa posición xeográfica (a través da localización por IP ou algunha outra ferramenta) e deduce a que horas sae o sol e anoitece. 
Parte da teoría de que o noso ollo prefire ir recibindo menos luminosidade confirme máis tarde se fai (e sobre todo confomre pasamos a depender de luz artificial na casa e na oficina), e por tanto conforme se adianta a tarde vai reducindo o brillo da pantalla e vai cambiado todo a unha cor máis avermellada, co obxetivo de que nos vaia relaxando a vista. 
Se cara non ten nengunha utilidade, pero o certo é que hoxe mesmo apagueino (porque coma distorsiona as cores) non podía traballar cunha fotografía que tiña que retocar  e foi apalaga e case quedo cego co brillo da pantaia do portatil. (Nota curiosa, o meu antigo portatil tiva un sensor de luminosidade, que de feito supuñase que subía ou baixaba o brillo da pantaia dependendo da luz do entorno. Nunca o usei, é certo; pero nunca pensei que fose ventaxoso usalo - agora se cadra si que me animaría. En cambio o meu novo portatil xa non ten nada de eso).
Unknownname
Seguirei dandolle probas uns cantos días máis e xa corrixirei este artigo se cambio de opinión co trebello. Namentras, podedes probalo, non creo que faga moito mal. 
PD:
Pasaron os meses e o meu veredicto é: coido que merece a pena ter instalado o F.Lux 

No hay comentarios: