17 febrero 2013

Momo8 actualizado a Android 4.0 Ice Cream Sandwitch

Merquei en Internet unha cousa que se anunciaba coma:

Ployer MOMO8 Business Edition Android 4.0 Tablet PC 8 Inch HDMI 1080P 8GB White

Bueno, pois non viña con Android 4.0 (de feito o que se ve no screenchute é un Android 2.3, se cadra poden alegar eso para se xustificar).

(Por certo que lendo a descripción decatome que comprei o table ca parte de atrás blanca, que non me tiña decatado)

Bueno, pois logo de esta foda....

Resulta que Ployer si que ofrece un Firmware con Android 4.0 no seu site:

Momo & Android 4.0 

(Sí está todo en Chino, iso é parte do problema)

Así que descarguei a versión que hai para o MOMO8:

Android 4.0 para MOMO8 

(Tarda un mundo)

Logo fai falla un programa raruno que se chama: LiveSuit (sí, non sei se quererían dicir LiveSuite, pero deixaronlle o nome así)

Haino en varios sitios de descarga medio sordidos e tal... Pero eu case que vos diría que non vos confiarades de estes enlaces.

O mellor, pero hai que ter paciencia é baixarse o Android 2.3 para o MOMO8, que trae dentro o LiveSuite:

Android 2.3 para MOMO8 + LiveSuit 

Se queredes buscade por Internet, as instruccións de como actualizar a Flash, pero case vos digo que a mellor explicada e comprensible é:
5. Whilst keep volume+ button pressed, plug it in via USB
6. Keep pressing the volume+ button and also press the power button time for 10 times
7. After several presses on the power button there will be a "sound" it connects as Windows recognises new USB hardware
8. Windows 7 will install drivers automatically, in Windows XP you need to point windows to the directory where you extracted software
9. When all the drivers are installed, the firmware will start to install automatically

Eu tiven bastantes problemas e non me foi á primeira.....

1. Instalar LiveSuit e os drivers USB

O instalador da aplicación é LiveSuitPack_v1.07.exe

2. Apagar a Tableta

3. Mantendo pulsado o botón de Volume+ (e o bicho apagado) meterlle o cable do USB que estando xa conectado co ordenador

4. Logo sen soltar o Volume+ pulsar de maneira moi curta varias veces o botón de prendido. Nalgún momento o Windows fará un ruido (o ruido de cando se lle conecta un USB, seravos moi familiar).

Comprobade que os drivers están ben instalados. Esto é un pouco problemático no meu caso, tiven que instalar e desinstalar un par de veces os drivers. Eso, por exemplo en Windows 7 no "Administrador de Dispositivos".

Admin-dispositivos
Fixadevos que o controlador ese apareza sen nengún erro ou aviso.

Se hai erro ou aviso, pois desinstalade o controlador (habendo desconectado a Tableta primeiro) e probade a executar un dos ficheiros que hai no directorio do LiveSuit: drvinstaller_X64.exe ou drvinstaller_X86.exe

Se finalmente xa parece que o driver funciona...

5. Desconectar o cable USB (Importante, antes só conectamos para verificar que o Driver funcionaba ben)

6. Arrincar o programiña  LiveSuit.exe

Livesuit
Ignorade case todo o que vos poña, porque está escrito nun inglés incomprensible.

Pulsade Yes

Logo pulsade Format

De novo pulsade Next

No menú seguinte tedes que escoller a imaxe: buscade onde descomprimichedes o ficheiro da imaxe (.img) que descargarades de Android 4.0 (tamén dixen de descargar a de Android 3.2, pero non metades esta que xa está no ordenador)

Unha vez escollida a imaxe, aparece unha mensaxe (non a intentedes entender) e pulsade Finish.

Aparecerá a seguinte pantalla:

Esperando
 Entón chega o momento do seguinte paso:

7. Pulsar Volumen+ e o botón de prendido varias veces con pulsacións cortas e seguidas (en Internet din 10 veces). Entón se todo vai ben sairá o seguinte PopUp: 

Inicio

 Pulsade Si.

No seginte dialogo pulsade Format.

Entón unha vez feito esto, comenzará a escribirse a imaxe:

Mitad
Cando remate todo, aparecerá este popup:

 

Fin
Non vos asustedes, non pasou nada. Quere dicir que todo acabou ben.

Podedes pechar o programa.

6. Agora queda prender o Momo8 pulsando un rato largo o botón de prendido.

O arranque vai indo e ó final aparece a pantalla de Android 4.0

Saen un par de mensaxes de erro en chino, pero non vos preocupedes, pulsade en calqueira botón e tirade apara adiante. Cando deixen de saer os popup de error, entón chega o interesante.

Tedes un Android 4.0 e está todo en Chino! Hai que cambialo de idioma.

More

Pulsade o botón 'Home'

 Arrastrade para a esquerda para que se amose a pantalla da dereita.O icono ese azul con 3 controladores e o que abre a configuración. Pulsade. Ha, segue en chino. Pero bueno, dadelle para abaixo, o idioma é o icono cunha A maiuscula. E a opción a escoller e a primera de todo.

Kong
 E unha vez en castelán ou en inglés a buscarvos a vida.

Eu o primeiro que fixen foi deinstalar as apps en Chino que veñen, porque non as vou a usar, e porque están ahí molestando.

No hay comentarios: