17 febrero 2013

Para editar fotos, basta cunha liña...

... se esa liña é a liña de comandos.

Se cadra é paradóxico, en ocasións a mellor ferramenta para facer retocado cas fotos é a liña de comando. Seguro que todos pensaredes que non tal, que o mellor para fozar cas fotos é un programa gráfico (as GUI naceron nos anos 70 para este tipo de cousas). A ver coma o xustifico...

O ImageMagick é una ferramenta moi veterana no mundo Unix (eu xa a teño usado alá polo ano 1996). Tamén se pode instalar en Windows e en MacOsX sen moito problema (coma dixen antes é un programa de liña de comando así que xa sabedes de que vai isto).

E neste último mes veño de descubrir que lle saiu un fillo chamado GraphicsMagick (con binarios xa dispoñibles para Linux e Windows - non hai MacOsX neste caso). Que ven sendo moi parecido ó anterior no que son os comandos e cousas de estas. (De feito eu utilizo GraphicsMagick pero aprendo usando a documentación do ImageMagick).

E veña, menos historia. Algún exempliño:

Crear GIFs animados a partir dun feixe de JPEGs

Fai unhas semanas din por probar ca opción da miña cámara trapalleira de sacar fotos por ráfagas, así que obtiña un feixe enorme de fotos capturando movemento (alguén pensará que porque non grabei un vídeo - o formato de video MJPEG é xustamente eso mesmo). Tamén podemos pensar no caso de ir sacando fotos cada certo tempo para facer un stop-motion (algún pensará que hai ferramentas que xa convirten un feixe de imaxes nun video).

Bueno, o choio é que eu quería xerar un GIF animado cas fotos (os GIFs animados molan moito, son unha de estas cousas vellas que se puxeron de repente de moda: vintage lle din a isto).

Moi sinxelo con ImageMagick ou GraphicsMagick:

Colles todos os JPG que queres usar para a animación, os seleccionas e metes nun directorio e logo executas o seguinte na liña de comandos:

convert -verbose -size 300x400 -delay 50 -loop 0 *.JPG gif-molon.gif

 Con esto lle digo que me combine todos os *.JPG nun GIF animado (non fai falla dicirlle eso, se lle dis que convirta un montón de JPG nun único gif, xa imaxina que queres un animado), dicindolle que espere 50 centesimas de segundo (-delay 50) e que o GIF sexa un bucle infinito (-loop 0). E como o GIF non é un formato con bóa compresión e só ten sentido para velo en pantaia dicimoslle que reduzca o formato das imaxes a 300x400 (-size 300x400).

Crear unha imaxe de aspecto Polaroid de calqueira imaxe

Veña, esto está máis visto ca o TBO, pero co ImageMagick faise super sinxelo e sen complicacións:

convert -verbose -polaroid 355 -resize 300x300 -background white entrada.jpg salida.png

(Sintoo, o Polaroid este non funciona no GraphicsMagick)

 

No hay comentarios: