17 febrero 2013

yturl ( Youtube sen Flash)

Supoño que esto non aportará gran cousa a moita xente, pero eu teño o problema de ter un ordenador no que o Flash funciona malísimo, así que non podo usar a Flash para ver videos online. Seica agora moitos videos están dispoñibles tamén en HTML5 (non todos, eso xa anticipo), pero non hai un só navegador con soporte a HTML5 que tire ben no meu sistema.

E... que triste é Interné sen Flash!

Pero o outro día descubrín o yturl. Que se tes instalado Python 2.6 serve para obter o stream de Youtube directamente e poder pasarllo á un reproductor.

A instalación é sinxelisima:

  1. Descargade yturl (neste zip, por exemplo ou clonades o GIT se vos é máis sinxelo)
  2. Fas executable o fichero yturl e o metes no path
  3. E voilá

¿Uso?

mplayer -cache 8888 $( yturl 'www.youtube.com/watch?v=QH2-TGUlwu4' 34 )

E aparece o Nyancat a todo trapo

Se preferides descargar os videos para velos logo offline en algún aparello:

curl $( yturl 'www.youtube.com/watch?v=QH2-TGUlwu4' 34 ) > nyancat.flv

ou se preferides o wget:

wget -O nyancat.flv $( yturl 'www.youtube.com/watch?v=QH2-TGUlwu4' 34 )

Basicamente o programa o que fai é obter a URL ca película de Youtube e así lla podes pasar a un reproductor de video. (En principio o mplayer, que é o que máis chona dende a liña de comando).

 

En canto a ese número, é opcional, e indica o tipo de resolución e formato do video. Esta é unha tabla aproximada:

Format     Description ---------- ---------------------------------------- 13         176x144 3GP/AMR Mono 3GP 17         176x144 3GP/AAC Mono 3GP 22         1280x720 H.264/AAC Stereo MP4 18         480x360/480x270 H.264/AAC Stereo MP4 37         1920x1080 H.264/AAC Stereo MP4 35         640x480/640x360 H.264/AAC Stereo FLV 34         320x240 H.264/AAC Stereo FLV 5          320x240 H.263/MP3 Mono FLV 6          320x240 H.263/MP3 Mono FLV

Non era consciente da cantidade de pequenas ferramentas e hacks que hay dispoñibles en Python (tradicionalmente era Perl o que arrasaba con ferramentas bizarras. Moi util.

Se o que queredes son aplicacións para facer algo parecido a esto dende a liña de comando, pero que descarguen os videos para poder velos offline, tamén volo hai: VideoDownloader (pero vou admitir que non consigo que me funcione)

No hay comentarios: