Dame pena o pouco que se aprecia ó Automator que ven de gratis co OSX. Topas por ahi moitas aplicacións que o que ofrecen podese facer co Automator.
Comezamos unha serie de tarefas de Automator.
Redimensionado de Fotos rápido e automático
Por exemplo, moitas veces tes un lote de fotos que subir a Internet e enviar a xente e tes unhas fotos de tamaño enorme (as cámaras dos móviles xa non baixan de 8megapixels). Hai xente que as sube así a todo o que hai, pero eu non sendo que sexa para imprimir ou para que alguén garde, reduzoas a tamaño adecuado para a súa visión.
Cambiar moitas imaxenes a un tamaño fixo. Pois é moi sinxelo con Automator.
No meu directorio de Images teño definido unha carpeta chamada Remidensionar, e dentro de ela unha carpeta chamada Redimensionados:
Abro o Automator e creo unha nova Acción de Carpeta:
Entón definimos unha acción de Carpeta que fai o seguinte:
- Lee os ficheiros que hai en Redimensionar
- Copiaos en Redimensionados (para que queden os orixinales co tamaño correcto en Redimensionar, logo o usuario pode manualmente borralos, e se quere manter o tamaño orixinal, pois tenos alí)
- Redimensiona os ficheros (que están en Redimensionados) a un tamaño menor ca 1024 pixels (ou outro que ti queiras).
Grábalo e xa está:
- Máxicamente, calqueira ficheiro de gráficos que poñas no directorio /Imágenes/Redimensionar aparecerache en /Imágenes/Redimensionar/Redimensionados a tamaño reducido.
Para usalo é fantástico (e xa me gustaría que en Windows ou en Linux se extenderan estas cousas):
- Non teño que abrir nengún programa
- Cando quero redimensionar as fotos, arrastroas a /Imágenes/Redimensionar, se estou no iPhoto exportoas a ese directorio, unha ou mil, e ó cabo dun rato de maneira máxica, vanme aparecendo as fotos de tamaño reducido.
Fantástico, viva o Automator
No hay comentarios:
Publicar un comentario