17 febrero 2013

janus para o (Mac)Vim

Ainda que escreba moito do Vim o certo é que que non o uso tanto coma poidera. Maiormente lle dou uso cando me conecto remotamente ós servidores ou - cada vez máis frecuentemente - no Cygwin. 
Un dos puntos fortes do Vim é o clásico pódese configurar completamente. Que sexamos sinceiros, normalmente significa que adoitarás a traballar ca configuración por defecto
Estes dous rapaces tiveron unha idea: coller a súa configuración do Vim e subila ó GitHub. Así ademáis de tela sempre dispoñible para instalar nos servidores ou máquinas nas que traballen se non que tamén a podemos usar outros:
This is a basic distribution of vim plugins and tools intended to be run on top of the latest MacVIM snapshot.

A configuración que teñen estes ven tendo este aspecto:

Janus-for-macvim
Ah, e non é só para o MacVim, coma pon nun dos commit recentes: vim-gnome+janus works great on Ubuntu  

E tamén funciona na terminal. (Iso sí, en versións recentes do Vim) 

Ah, se non che presta especialmente esta configuración, o que sí podes ter en conta é a idea de ter a túa configuración nun control de versións: é un trucazo.

E outro (dos moitos) que hai no BitBucket (para os que non temos o git ou ruby instalados): 

Collection of my config files - .vim, .hg*, etc.

Dotfiles by beardedp

No hay comentarios: