17 febrero 2013

FAT coma unha vaca

Microsoft non quere que sigamos usando FAT32 (ten capadas as súas aplicacións para que den erro se queres formatear unha partición de máis de 32 Gigas). No caso do Windows 7 e o Vista, obliganos a usar unha cousa nova e molona que se chama exFAT.

A exFAT debe de ser a ostia, pero o certo é o que deixes formateado con este formato non o vai a poder ler case que nengunha outra máquina (non está soportado por defecto en Windows XP - que se usa en case todos lados) pero sobre todo non sei se a túa cámara de fotos soportará esto tan chulo. E acabo de constatar que Ubuntu 10.10 non soporta extFAT (e só por iso xa me parece que merece desterralo).

Mira, os discos duros estes externos veñen formateados con FAT32, por algo será. Bueno, o que Microsoft non quere, outros terán que permitir:

MiniTool Partition Wizard Home Edition

Unknownname

Aparte de poder cambiar as particións de maneira gráfica, permite formatealas tanto en formato NTFS, FAT32, EXT2 e EXT3. Bastante convinte a aplicacionciña para ter no Windows. (Funciona en Windows XP, Windows 7 en 32 e 64 bits)

No hay comentarios: